Monday 29 de April de 2024

LAXE SERÁ O EPICENTRO DO SOCORRISMO NOS PRÓXIMOS 4 DÍAS


  • Os días 17, 18, 19 e 20 deste mes Laxe mostrase como o epicentro das categorías inferiores de socorrismo en España

 

  • O rexedor ve neste tipo de eventos unha plataforma para ensinar a toda España as marabillas que poden ofrecer, e agradece á Federación de Salvamento e Socorrismo de Galicia que apostasen por Laxe.

 

O grupo de goberno ao completo tiveron que colaborar dunha ou doutra maneira en poñer en marcha uno dos campionatos máis importantes que se celebrasen en Galicia que comeza hoxe, e alongarase ata o vindeiro martes, un campionato nacional que acollerán as categorías inferiores do Campionato de España de Salvamento e Socorrismo de Verán 2021.

 

O responsable de deportes e tenente alcalde Francisco Charlín agradece a todos os veciños e veciñas de Laxe a súa comprensión ao ter que compartir este marabilloso municipio con miles de persoas que pasarán por Laxe estes catro días, espera que todos poidan gozar deste evento que ten carácter nacional.

 

O alcalde José Luís agradece a Federación de Salvamento e Socorrismo de Galicia que apostasen por Laxe para este evento, e fai extensibles estes agradecementos a todos os membros de Protección Civil de Laxe e a todos os voluntarios, que sen o seu traballo sería practicamente imposible realizar un evento desta magnitude, xa que esta  competición conseguiu que estes días as casas rurais e a hostaleira este practicamente ao cento por cento da súa capacidade, algo que nestes momentos o grupo de goberno ve máis que positivo e espera que sexa o comezo dunha remontada para a hostalería do municipio.

 

Pola outra banda o alcalde Jose Luís é coñecedor de que nesta competición están a extremarse as medidas de seguridade, pero de todas as maneiras, pide responsabilidade a todos os visitantes e participantes, porque como lembra o alcalde, “aínda estamos inmersos nunha pandemia que por mor das últimas noticias esta sendo unha quinta onda moi virulenta, con contaxios masivos” polo que pide expresamente á mocidade que cumpran as recomendacións sanitarias e conseguir así entre todos poñer fin ao Covid-19.